A
MILITANCIA DE ESQUERDA UNIDA APOIA A COALICIÓN PARA DEFENDER A CLASE
TRABALLADORA DAS POLÍTICAS DESTRUTIVAS DO CAPITALISMO
NUN
REFERENDO CUNHA ALTA PARTICIPACIÓN O 87% DA AFILIACIÓN VOTOU A FAVOR DA
COALICIÓN ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA.

O referendo levado a cabo no día de onte serviu
para afortalar o debate político e ideolóxico. De feito, despois da introdución
realizada polo coordinador comarcal, Xabier Ron, sobre os distintos documentos
que serviron para asinar o acordo de Coalición Electoral Técnica, toda a
asemblea comarcal tivo a oportunidade de expresarse.
A votación, realizada en urna, deu como resultado
que o 87% da afiliación de Esquerda
Unida Compostela decidiu dicir si
aos acordos que deron lugar ao rexistro da Coalición Electoral Alternativa
Galega de Esquerda (Esquerda Unida – Anova), mentres que só un exiguo
3% dixo que non.
Este resultado demostra que a afiliación de
Esquerda Unida está convencida da importancia e da necesidade de artellar unha
ferramenta que free as políticas destrutivas da dereita e do capitalismo,
obsesionadas con recortar dereitos laborais, en degradar os servizos públicos
básicos como a educación, a sanidade, e os servizos sociais, sen poder
disimular o seu desexo maquiavélico de entregar ditos servizos ao lucro da
privatización. O primeiro paso para avanzarmos cara a unha sociedade máis xusta
para a maioría das persoas.