O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE MEDIDAS
EFECTIVAS PARA GARANTIR O DEREITO Á VIVENDA, COMO A CREACIÓN DA AXENCIA PÚBLICA
MUNICIPAL DE ALUGUER.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEFENDE A ELABORACIÓN DUN CENSO DE VIVENDAS
BALEIRAS PARA APLICARLLES A RECARGA MÁXIMA NO IBI QUE PERMITA A LEI, E ASÍ
FOMENTAR A SÚA POSTA EN ALUGUER.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reitera que o Concello debe velar por garantir o dereito constitucional a unha
vivenda digna.
Por iso, entre outras medidas, pedimos, o 14 de
marzo de 2012, para a promoción da cultura do aluguer na cidade, a creación da
Axencia Pública Municipal de Aluguer, que como obxectivo fundamental debería
ter a posta a disposición da cidadanía de vivendas en aluguer xusto e social.
Unha das medidas, que levamos non noso programa e
repetidamente esiximos, e a elaboración dun censo de vivendas baleiras na
cidade, máis de 10.000, co fin de levar a cabo a máxima recarga no IBI que a
lei permita, non por un afán recadatorio senón para fomentar que estas vivendas
sexan postas en aluguer, preferiblemente a través da Axencia de Aluguer que
pedimos que se constitúa o antes posible.
Por desgraza nin o anterior goberno local nin o
actual parecen interesados en acometer esta medida que a lei permite.
Tamén esiximos ao Concello que, tal e como pedimos
na moción presentada o 16 de abril de 2013, inste ao Goberno da Xunta de
Galicia á adopción de medidas legais de similares características ás aprobadas
polo Goberno de Andalucía recollidas no Decreto Lei 6/2013 de 9 de abril, de Medidas para
Asegurar o Cumprimento da Función Social da Vivenda.
Outras medidas que propuxemos para garantir o
dereito á vivenda foi, o 15 de xuño de 2012 por exemplo, que se instase a
xestión pública das vivendas dos bancos e caixas co fin de que sexan
xestionadas polo Concello, a través desta axencia de aluguer. Tamén propuxemos a
creación de axudas para reformas urxentes en vivendas do Concello, moción
presentada o 20 de abril de 2012, e o 1 de decembro de 2011 a creación dunha convocatoria
de axudas para o pago da hipoteca ou alugueiro en situacións de emerxencia
social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario