miércoles, 22 de diciembre de 2010

Regulación semafórica coherente

COMUNICADO DE PRENSA .

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE O GOBERNO LOCAL QUE REGULE COHERENTEMENTE OS SEMÁFOROS DE SANTIAGO.

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA PIDE QUE OS SEMÁFOROS DA AVDA. SANTIAGO DE CUBA, NECESARIOS PARA ACUDIR O CENTRO SOCIOCULTURAL DO BARRIO DO CASTIÑEIRIÑO, REGULEN CON LÓXICA O TEMPO DE ESPERA DOS PEÓNS
.


Esquerda Unida Compostela considera que unha labor importante de calquera concello, é a de regular con eficacia o transito diario de persoas e vehículos polas distintas rúas da cidade, minimizando as molestias que poida causar.

Labor que ten como punto primordial o de coordinar con coherencia os distinto espazos habilitados nos que poden transitar tanto persoas como vehículos, especialmente os pasos de peóns, nos que loxicamente e inevitable un tempo de espera para poder transitar por eles, tanto polas persoas como polos vehículos, pero sempre aplicando criterios que non penalicen a algún destes usuarios ou incrementen as molestias que se poidan xerar neste lugares.

Pero o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela constata que, tras diversas queixas recibidas, no barrio do Castiñeiriño hai varios pasos de peóns, con regulación semafórica por pulsación para as persoas, situados na Avda. de Santiago de Cuba que incumpren por completo a coherencia que debe rexer a regulación do tráfico por parte do Concello, pois a regulación semafórica destes pasos de peóns, necesario para moitos veciños e veciñas do barrio para acudir o centro sociocultural, retenos durante un tempo excesivo antes de permitir o seu paso.

Por iso dende EU Compostela esiximos o equipo de goberno que diminúa o tempo de espera das persoas neste paso de peóns, aínda que sexa un lugar de gran afluencia de vehículos, porque non se pode primar o seu transito en detrimento, en moitos casos, dos usuarios e usuarias do CSC Agustín Bueno, que, dende menores a persoas maiores, acoden as diferentes actividades que levan a cabo neste espazo público, e que ven incrementado o seu malestar no inverno pois, ademais da larga espera para cruzar, hai que engadir a climatoloxía adversa.
Decembro de 2010

No hay comentarios: