miércoles, 11 de abril de 2012

Crítica a Conde Roa por impago IVE


O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CONSIDERA QUE CONDE ROA QUEDA INHABILITADO POLÍTICAMENTE COMO ALCALDE

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela hai uns días, cando se soubo da querela da fiscalía contra Conde Roa por defraudar supostamente a Facenda, decidiu agardar a que o afectado realizase as súas declaracións antes de pronunciarse.

Estas tiveron lugar o luns 9 de abril de 2012, pola tarde. Considerando só as súas declaracións, e unicamente estas, cómpre dicir que Conde Roa, que foi avalado polos votos da veciñanza que lle deron a maioría, non só está defraudando ás persoas que o votaron, senón e sobre todo, está demostrando a súa incapacidade para gobernar o Concello de Santiago de Compostela.

Nas súas declaracións hai fachenda, arrogancia e moito disparate. É certo que até que se pronuncie de forma definitiva a Fiscalía se lle debe presupoñer a inocencia, pero non é menos certo que existiu unha conduta inapropiada no punto de partida e que foi exposta polo propio Conde Roa: empregar diñeiro das persoas que lle compraron as súas vivendas para uso única e exclusivamente privado como é sanear as contas da súa empresa. E esa conduta é posible xulgala como inmoral e coidamos tamén que é ilegal. E nisto, para nós, tanto nos ten se son 100, que 1000, que 10000, ou os 291.000 euros empregados nesa conduta inapropiada.

Tanto nos ten aos membros do Consello Comarcal de EU Compostela toda a retórica floral empregada por Conde Roa tentando poñerse á nosa altura, á altura do pobo. Amais de insensato, é falaz. As persoas do común debemos ser respectuosas cos impostos que nos reclama Facenda, xa que son os tributos que logo deberan reverter en servizos públicos de calidade (outra cousa é que isto non suceda debido á incapacidade dos nosos gobernantes e ao único desexo destes gobernos de dereitas -entre eles o do propio Conde Roa- de tender só a reducir déficit mentres recortan os nosos servizos públicos e a nosa igualdade de oportunidades).

A Fiscalía será quen determine se esa conduta inapropiada, inmoral e para nós ilegal, é susceptible de constituír fraude e polo tanto se ten repercusións penais. Pero para nós, e coidamos que para boa parte da cidadanía, Conde Roa queda inhabilitado politicamente como Alcalde para rexer con ética e moral ao Concello de Santiago de Compostela.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

POR FAVOR INICIADE XA UNHA CAMPAÑA CAMPAÑA EXISINDO ELECCIÓNS ANTICIPADAS EN COMPOSTELA!!

eu-santiago@esquerdaunida.org dijo...

Boas.

É obvio que o descrédito do PP, e as súa mentiras, mudarían o sentir de moitos votantes, mais non se pode seguir o exemplo de Asturias e convocar eleccións por convocar eleccións, e iso que motivos hai, pero, por moi posible que nos beneficiara entendedo so a democracia por votos, que non o é, polo menos para nós, non é razonable facer eleccións anticipadas.

Por suposto a dimisión de Conde Roa non soluciona nada, o problema non é unha persoa que defraude, sendo moi grave, o probleman son as políticas neoliberais do PP e do PSOE.