MARÍA
ROZAS MANIFESTA QUE COMPOSTELA ABERTA PRESENTA UN EQUIPO PARA GOBERNAR, CON
PERSOAS CON EXPERIENCIA PARA CADA EIDO DA XESTIÓN MUNICIPAL.
O
RURAL EXISTE E CON COMPOSTELA ABERTA OUTRA FORMA DE GOBERNAR É POSIBLE,
RESPETANDO OS DEREITOS DE TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS.
Martiño Noriega e María Rozas participaron no
encontro de Compostela Aberta coa veciñanza de Figueiras, comprobando, como en
anteriores encontros, o abandono que padece o rural de Santiago.
É necesario, a través da participación cidadá, elaborar
plans de actuación para corrixir as deficiencias que padece a xente que vive
nas parroquias. Infraestruturas, saneamento, transporte público, mantemento,
internet e todo o que sexa preciso para respectar os dereitos das veciñas e
veciños teñen que ser executados paulatinamente.
María Rozas expuxo que “CA presenta unha
candidatura para ter un equipo de goberno ao servizo da cidadanía, debemos
recuperar o Concello, temos que gañar Compostela”. Ante estes catro anos de
nefasta xestión do Partido Popular “as persoas que dimos o paso de participar
nestas lista encabezada por Martiño o facemos por honestidade, por compromiso,
porque creemos que outra forma de gobernar é posible”

Reiterouse que as persoas que sexan elixidas, para
representar a Compostela Aberta no Concello, cumpriran coa súa responsabilidade
e periodicamente acudiran aos distintos barrios e parroquias para someterse a
fiscalización cidadá do traballo realizado, para coñecer as demandas que
existan, para demostras que outra maneira de actuar é posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario