MARÍA
ROZAS MANIFESTA QUE OS ORZAMENTOS SON O CORAZÓN QUE DA VIDA A UNHA CIDADE DE
TODAS E PARA TODAS AS PERSOAS, AS VECIÑAS E VECIÑOS CODECIDIREMOS COMO DEBE
INSVESTIR O CONCELLO OS CARTOS PÚBLICOS.
COMPOSTELA
ABERTA TEN PROPOSTAS, NON VACUAS PROMESAS, PARA REVITALIZAR A VIDA COLECTIVA
NOS BARRIOS.
Martiño Noriega e María Rozas, xunto con Xan Duro,
proseguindo cos encontros con distintos barrios da cidade, escoitaron as
propostas e queixas que manifestaron as veciñas e veciños de Pontepedriña.
CA propón no seu programa recuperar os barrios
para a veciñanza, é necesario dotalos de espazos públicos que faciliten a vida
colectiva. Dende o parque infantil ata a mellora do CSC, Pontepedriña debe
beneficiarse de medidas que colaboren a satisfacer as demandas expresadas polas
veciñas e veciños.
Para María Rozas “as persoas que decidimos formar
parte de CA o fixemos polo compromiso de poder facer as cousas doutra maneira,
móvemos a ilusión por recuperar o Concello para a maioría social, facendo
propostas concretas e posibles, non vacuas promesas”.
So coa participación da cidadanía nas decisións
que lle afectan pode recuperarse unha Democracia real. Por iso “un dos eixos
fundamentais do noso programa e establecer os mecanismos para facilitar a toma
de decisións das veciñas e veciños no día a día da Corporación” asegura María
Rozas que defende alcanzar os Orzamentos Participativos o antes posible para
“non so acabar coa falta de transparencia e a corrupción, se non porque se as
persoas poden codecidir en que e como se inviste os cartos de todas e todos,
faremos colectivamente proxectos que melloren cada rúa, cada barrio, a cidade”
Entre outras medidas para Pontepedriña é necesario
procurar, o antes posible, eliminar o illamento que padece co Ensanche, ten que
levarse a cabo, a través da estación, un paso peonil que os una.

No hay comentarios:
Publicar un comentario