miércoles, 7 de noviembre de 2007

Esquerda Unida denuncia a irresponsabilidade do alcalde de Santiago ao calar as realidades financeiras da Cidade da Cultura

Para Esquerda Unida resulta mesmo ofensivo pensar que Bugallo, o alcalde de Santiago, escoitar da súa voz que el sabía que o diñeiro de partida era insuficiente.

Estamos falando dun proxecto do que comezan a saberse os puntos escuros, puntos aos que contribuiu coa súa acción de connivencia o señor Alcalde. Isto reafirma o escaso bagaxe político que ten Sánchez Bugallo, xa que en vez de facer pública a súa opinión no seu momento xusto –logo das deliberacións do xurado- optou, por unha discutible “lealdade institucional”, calar. Nós dicimos que foi antes ben unha deslealdade para co pobo de Compostela e de Galicia, xa que o seu proxecto enlousa diñeiro público de forma desnortada desde hai anos.

Optou por calar e, de paso, agochar a realidade, porque quería, coma un megalómano, un proxecto faraónico na súa cidade, xa que outras o tiñan. Si, outras cunha demografía superior. Retamos a que o señor Alcalde nos diga onde hai unha cidade de menos de 100.000 habitantes que teña unha obra semellante e que xa leva enlousados máis de 400 millóns de euros. Lamentable, repetimos, que as súas palabras pasen impunemente da oralidade ao papel sen que tremen os cimentos da democracia que el representa.

Consello Comarcal de Esquerda Unida-IU

Santiago, 7 de novembro de 2007

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non sei o que dixo o Sr. Bugallo na comisión de investigación, pero recordo que hai anos dicía que o nome dese proxecto debía ser Fraga Iribarne.

Administrador dijo...

En efecto, esa lindeza e as que forman parte da noticia son ilustrativas e indican por onde camiña o pensamento "socialdemócrata" do alcalde.