miércoles, 14 de marzo de 2012

Moción creación axencia pública municipal de aluguer

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presenta unha nova moción, nesta ocasión pedimos que se cree unha axencia pública municipal de aluguer.

Aquí tedes o texto da moción:

Esquerda Unida Compostela ratifícase na necesidade de mudar o modelo urbanístico na cidade, que prima a especulación sobre as necesidades da cidadanía, sendo necesario o fomento do aluguer social.

Na Constitución, no seu artigo 47, conságrase o dereito que teñen tódalas persoas a disfrutar dunha vivenda digna e adecuada, polo que as distintas Administracións Públicas deben realizar e desenvolver políticas activas que fagan efectivo este dereito, que non se pode considerar unha mera declaración, senón que dende as Institucións Públicas se deben poñer as condicións para converter en realidade dito dereito, que on se esgota en facilitar o acceso a unha vivenda en propiedade, senón que esta protección debe garantir o uso e disfrute, con independencia do título xurídico que o fundamente.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que a Administración Municipal, se ten a vontade política para facelo, pode incentivar a posta a disposición da cidadanía de vivendas en aluguer a prezos razoables mediante a creación dunha Axencia Pública de Aluguer de carácter municipal.

Isto permitiría o acceso á vivenda a moitos colectivos sociais excluídos polos elevados prezos das vivendas en aluguer, que se poderían fixar de conformidade ós ingresos familiares dos arrendatarios.

Esta axencia encargaríase da xestión de vivendas para que estas sexan ofrecidas en réxime de aluguer a prezos razoables paro o peto da xente xove, traballadores e traballadoras da cidade, dando prioridade ós sectores sociais máis desfavorecidos, como xóvenes con fillos, rendas baixas...

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro.- Que o Concello adopte as medidas oportunas para a creación dunha Axencia Pública de Aluguer, co obxectivo de incentivar a posta a disposición da cidadanía de vivendas en aluguer social.

No hay comentarios: