
Mañá, aproveitando que están rematando as Festas da Ascensión en Compostela, Esquerda Unida instalará unha mesa informativa. NO acto repartiranse dípticos e o programa en soporte informático. Acontecerá a partir das 12h do mediodía.
Pola tarde, diferentes membros da candidatura, encabezada por Xabier Ron, realizarán un percorrido polas zonas rurais de Compostela. Con toda probabilidade, dirixirémonos cara a zona sur, Vidán, Villestro, Roxos... A intención é, ao longo desta semana final de campaña é percorrer as distintas zonas rurais de Compostela para que os e as parroquianas saiban cales son as medidas de Esquerda Unida para rachar coa desestruturación do rural e coa fractura social existente hoxe en día entre zonas rurais e centro urbán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario