viernes, 25 de mayo de 2007

PROGRAMA: EMPREGO

4. Emprego Estable e de calidade

O desenvolvemento económico debe estar dirixido non só a incrementar a
producción material senón tamén a redistribuír a riqueza e a renda, a
establecer unha efectiva igualdade de oportunidades, a achegar estabilidade
laboral e a eliminar a exclusión e a marxinalidade.
Esquerda Unida-IU é consciente de que os Concellos non teñen competencias
en materia de emprego, cómpre asumir con imaxinación e risco na medida do
posible competencias doutras administracións, pero o Concello debe
intervir na oferta de solo produtivo ou xerando o mesmo, adoptar medidas fiscais
incentivadoras de emprego e favorecer as iniciativas económicas sociais.
No país da UE no que a taxa de desemprego é das máis elevadas,
os concellos deben contribuír inexcusablemente a crear emprego estable e de
calidade. As elevadas taxas de precariedade, inestabilidade contractual, as longas
xornadas laborais, a constante perda de poder adquisitivo merecen unha resposta
por parte do Concello.
PROPOÑEMOS:
 - Non privatizar ningún servizo municipal, asumindo a xestión directa daqueles
servizos con carácter público que nestes momentos sexan prestados por empresas
privadas reubicando ós traballadores no seo do Concello ou nos seus organismos.
 -  Rexeitar a utilización das ETTs e de axencias privadas de colocación.
  - Por iso, crearemos unha Axencia de Colocación Municipal.
  - Desenvolver e promover Escolas-Obradoiro e a implantación da  Formación Profesional
Específica e ocupacional.
  - Establecer nos pregos de condicións de obras e servizos  municipais primar ás
empresas que cren emprego estable e introduzan criterios de redución da xornada
laboral asociados á creación de emprego.
  - Un Plan Municipal pola calidade do Emprego
 - Defender un plan industrial e a creación de emprego estable,  baseado na sustentabilidade.
Necesítase un cambio produtivo que teña na industria, o sector científico-tecnolóxico e a
extensión cos servizos sociais, os piares económicos que fagan compatible un maior
crecemento cun mellor e máis xusto reparto do mesmo.
  - Potenciación da negociación colectiva como instrumento máis axeitado para a mellora
das condicións de traballo.
  - A mellora da situación laboral e social das mulleres facilitando a conciliación real
entre a vida laboral e familiar
e a incorporación e permanencia das mulleres no emprego.
 - A creación das infraestruturas sociais para atención e coidado  das persoas dependentes
que libere ás mulleres da asunción en exclusiva desas tarefas non compartidas e lles permita
desenvolver unha actividade laboral retribuída.
 - Esixir o cumprimento da normativa de Prevención de Riscos Laborais.

2 comentarios:

undeiquí dijo...

Seguro que sodes conscientes de que a colocación pública tal como a coñecemos é un soado fracaso, e por contra son as ETTs as que están a ofrecer, a lo menos, posibilidades reais de traballo. Logo xa podes ter mellor ou peor sorte co chollo e coa empresa.

Penso que non serían mellores os contratos se funcionase o INEM, nin teñen por que ser lixo os contratos feitos vía ETT.

¿Non dependerá máis ben da estrutura do emprego en España e da regulación pola que segue a compensar botar do traballo a unha persoa con experiencia e coller outra, a pesar de que habería que formala dende cero?

Administrador dijo...

Para nós as ETts representan o rostro da precariedade, da man de
obra sen dereitos, flexible, para ser utilizada cando se necesite e
para o que se necesite. Un rostro que maioritariamente é mozo e
feminino, por non falar do maior índice de sinistralidade laboral e as listas negras dos traballadores sindicados.
-Accédese aos postos de traballo de empresas ususarias en niveis
profesionais inferiores e non hai límite á mobilidade funcional.
- As empresas realizan contratos de ETTs para cubrir xornadas e
horarios que doutra maneira terían que negociar colectivamente,
ademais do problema evidente por parte da representación legal dos
traballadores das empresas usuarias para velar polo cumprimento dos
seus dereitos.
- Escaso interese na Formación dos seus traballadores.
- Absoluta inexistencia do exercicio dos dereitos colectivos entre os traballadores cedidos.
- O goce das vacacións está totalmente relacionado cos seus ingresos salariales, coa conseguinte repercusión na saúde física e psíquica.
Coñecemos casos na Administración que privatiza un servizo (tendo
persoal cualificado patra desenvolvelo), e esa empresa subcontrata a unha ETT, para que lle envíe un traballador, e ese traballador chega estar 3 anos nese posto de traballo, sen vacacións. Un saúdo.