sábado, 26 de mayo de 2007

PROGRAMA: SERVIZOS SOCIAIS = IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

7. Servizos Sociais e Política de Igualdade de Oportunidades
Para Esquerda Unida-IU os servizos sociais non son un servizo destinado unicamente a dar asistencia ás persoas en risco de exclusión social. Esta visión de “empobrecemento” provén dunha errada concepción dos servizos sociais, ou cando menos, dunha reducida visión. Os servizos sociais son para Esquerda Unida-IU un piar esencial para desenvolver as políticas de igualdade de oportunidades entre as persoas. Debemos ir camiñando cara a universalización do acceso aos servizos sociais para que perdan o estigma de “empobrecemento” ou mesmo de “marxinalidade”.
A famosa Lei de Dependencia da que agora se lanzou nunha mediatizada campaña informativa pode non responder aos benintencionados propósitos se non vén acompañada dun forte investimento en recursos económicos. Ademais, para que dita Lei sexa un 4 piar do Estado do Benestar debe cumprir con tres asertos principais, agora mesmo incumpridos: ser pública, universal e gratuita.
O eido privado é hoxe por hoxe, debido á acción de desleixe das administración públicas locais, quen ofrece máis servizos de atención ás persoas con dependencia en Galicia e en Santiago. Xa non son unicamente as infraestruturas, ausentes practicamente, nin os recursos económicos e humanos, reducidos desde sempre, son tamén as intencións de entregar ao eido privado da banca o control do capital e cremos que o control da xestión. Desde Esquerda Unida-IU consideramos que a creación do Consorcio de Servizos Sociais é establecer unha errada idea do que que debe ser unha administración pública, xa que non se pode establecer unha diferenciación entre as persoas só porque uns concellos decidan adherirse e outros non.
Consideramos que a Lei de Dependencia e o Plan Nacional da Infancia poden, por falta de oferta de prazas en Residencias (RS) e Centros de Día (CD), perpetuar a actual situación das mulleres mediante unha remuneración e afiliación transitoria á Seguridade Social que, ao cesar a causa que as motiva, lles dificulte, por razón de idade, a incorporación ao mundo laboral.
Ante a apatía das distintas administracións, que agardaron o indecible para poñerse a traballar, e o escurantismo que presiden as propostas dos gobernos municipais, Esquerda Unida-IU realizou un inventario rigoroso de necesidades sociosanitarias, na crenza de que o coñecemento da realidade permite coñecer a necesidade e, en consecuencia, poden preverse os medios necesarios para resolver os problemas que, no fondo, apelan a un dereito das persoas.
Desde o enfoque participativo e dentro da elaboración dos Plans de Barrio ou Parroquia, serán os propios veciños e veciñas, acompañados dos e das políticas e persoal técnico do Concello e outros sectores da sociedade compostelá, quen elaboren o censo de persoas que precisan axuda para desenvolver a súa autonomía persoal. Por iso, Esquerda Unida-IU non entende como non son os propios servizos sociais, as propias asociacións as que participen da rede informativa deseñada pola Consellaría. Non ten sentido que sexa a poboación a que procure a información, é a información quen ten que ir cara as persoas, máis neste caso, cando tratamos con persoas que non poden valerse.
Os primeiros datos, elaborados a partir dos datos do censo municipal e a metodoloxía empregada no Libro Branco de dependencia permitíronnos cuantificar o seguinte:
Gran Dependencia
Gran Dependencia + Severa
2008
2009
2010
2011
Residencia
378
384
691
719
Centros de Día
21
21
176
177
Axuda no fogar
13
13
206
212
Asist. Persoal
21
21
31
31
Asist. Informal
11
11
204
210
Tendo en conta unha ratio de 100 residentes (en RS) e dun máximo de 40 en Centros de Día, temos que reservar solo público de aquí a 2011 para 7 Residencias e 5 Centros de Día.
A Lei de Dependencia, empregando os cálculos do Libro Branco, permitirá a creación cando menos de 1352 empregos (462 de xornada completa) con persoal alleo á familia e 210 postos ocupados por familiares. Será importante, polo tanto, que o Concello sexa garante da creación destes postos de traballo desde a súa consideración de servizo público ás persoas.
Cómpre insistir nun feito esencial: a financiación achegada pola Administración Xeral do Estado (12.636 milllóns de euros; as comunidades autónomas deben achegar a mesma cantidade) baseouse na enquisa EDDES99 do INE sobre a discapacidade e dependencia en España, pero esta enquisa non consideraba aos menores de 6 anos, nin á poboación dependente que xa estaba en residencias públicas e privadas. Este é un dato non mínimo. Outro dato a ter en conta: o que hoxe é dependencia leve, co paso do tempo, ao mellor un simple ano, pódese converter en gran dependencia ou dependencia severa. Con isto queremos dicir que non podemos contemplar a valoración de dependencia como algo pechado e inmutable. Será esencial manter de forma constante os equipos de valoración desde o Concello.
Por iso, o primeiro compromiso de Esquerda Unida-IU será aumentar o persoal dos servizos sociais. Con este aumento de recursos poderemos descentralizar algunhas Unidades de Atención Social para que o rural reciba unha debida cobertura de forma contínua.
A Lei de Dependencia precisa dun concello seguro da tarefa que debe desenvolver. Quere isto dicir que as axudas no fogar no 2006 beneficiaron unicamente a 91 persoas e a teleasistencia a 32 persoas. Isto demostra que o goberno de alianza entre PSdG e BNG non tivo nunca en mente a creación duns servizos sociais robustos, capaces de desenvolver unha verdadeira política de oportunidades. Lembremos que nos orzamentos do 2007 a partida de servizos sociais superaba en pouco o millón de euros, case a mesma cantidade que se destinaba á programación de festas.
Desde a democracia participativa, desde o Consello Municipal de Políticas de Igualdade de Oportunidades entre as persoas, seremos quen, veciños e veciñas, non só de perfilar as necesidades, senón de reivindicar á administración os recursos económicos imprescindibles para garantir un dereito fundamental de todas as persoas.
Como órgano de control da acción do Concello, propoñemos, amais dos propios medios participativos, a creación dunha Oficina de Dereitos Sociais, constituída por unha especie de Valedor do Pobo Local e por persoal especializado. Cada ano, esta Oficina elaborará unha memoria onde analice a evolución das políticas sociais e as súas eivas en base ás propias denuncias, suxestións e demandas presentadas. As súas conclusións serán sometidas a consulta nas Asembleas de Barrio e nas Asembleas Sectoriais e as deliberacións finais adquirirán carácter vinculante para o Concello.
7.1. Promoción da Autonomía das Persoas
<!--[if !supportLists]-->· <!--[endif]-->Creación dun Consello Municipal de Persoas con Discapacidade, integrado dentro do Consello de Políticas de Igualdade de Oportunidades.
<!--[if !supportLists]-->· <!--[endif]-->Para facilitar a tarefa e o compromiso coa promoción da autonomía das persoas, estableceremos unha Concellaría para a Promoción da Igualdade.
<!--[if !supportLists]-->· <!--[endif]-->Creación dun Plan de Promoción das Persoas con Discapacidade que conterá, polo menos, os seguintes elementos para cumprir o fin básico de integración e normalización das persoas con discapacidade:
a) Plan de Formación e Emprego das Persoas con Discapacidade (garantir os traballos tutelados en empresas como un paso máis na integración sociolaboral; )
b) Plan de Accesibilidade e Eliminación de barreiras arquitectónicas:
<!--[if !supportLists]-->· <!--[endif]-->Vivendas: reserva en base á demanda de vivendas con protección social tanto en réxime de aluguer como de venta, garantindo as condicións de accesibilidade e habitabilidade.
<!--[if !supportLists]-->· <!--[endif]-->Estudo e programa de axudas para a instalación de ascensores nas vivendas máis antigas. En Santiago, as vivendas que cumpren coa accesibilidade non superan o 17’3%.
<!--[if !supportLists]-->· <!--[endif]-->Transporte público adaptado. Taxis accesibles (10% do total)
<!--[if !supportLists]-->· <!--[endif]-->Axudas para a mobilidade: bono-taxi, …
<!--[if !supportLists]-->· <!--[endif]-->Programas de participación cultural e deportiva
<!--[if !supportLists]-->c) <!--[endif]-->Auditoría de accesibilidade, previo a obra ou proxecto realizado ou proxectado polo Concello.
<!--[if !supportLists]-->d) <!--[endif]-->A porcentaxe de persoas maiores vai en constante aumento dándose un índice de envellecemento para a nosa cidade dun 99,5%. Desde o Concello, Esquerda Unida-IU proponse desenvolver dúas liñas de acción paralelas para promover a autonomía das persoas (se ben, a primeira das liñas revélase como máis importante):
1) a liña de atención domiciliaria: neste sentido o salario que se ofrece como reclamo seméllanos insuficiente e, ademais, tende a feminizar a atención e a “encerrar” a muller na dimensión familiar. Aquí cómpre estender o servizo de axuda no fogar (en 2006 só deu cobertura a 91 persoas); teleasistencia; servizo de xantares a domicilio; telefarmacia; servizo de lavado; e sobre todo o servizo de acompañamento. Lembremos que no noso Concello 2172 persoas maiores viven soas.
2) a liña de centros e residencias de día: os estudos realizados por Esquerda Unida-IU confirman que precisamos reservar solo para a creación de 7 Residencias e 5 centros de Día. Propoñemos, igualmente, a necesaria creación de centros de respiro familiar, onde os coidadores e coidadoras poden compartir experiencias e onde poidan adquirir esa necesaria desconexión. Garantiremos a creación de vivendas tuteladas, xa que é un recurso ausente hoxe na rede pública do Concello. Igualmente, será sometidos a estudo e consideración outros recursos como os centros de noite.
<!--[if !supportLists]-->e) <!--[endif]-->Plan de Atención Integral para as persoas invidentes e persoas xordomudas. Dentro deste marco de promoción da autonomía das persoas con discapacidade, será unha obriga para a administración local que rexerá Esquerda Unida-IU informar na súa linguaxe ás persoas invidentes e xordomudas para que se cumpra coa obriga de garantir o seu dereito a seren informadas e a animar a súa participación nas políticas do concello. Unha das medidas que temos previsto aplicar é achegar información en tempo real das paradas no transporte público: auditivas, para as persoas invidentes; visuais, para as persoas xordomudas. Impulsaremos tamén campañas de coñecemento e aprendizaxe da linguaxe de signos e da linguaxe en braille para que se poda dar unha ligazón entre todas as persoas. Fomentaremos a presenza de libros auditivos para persoas invidentes e de libros escritos en braille nas bibliotecas municipais e de barrio.
<!--[if !supportLists]-->f) <!--[endif]-->Transversalización das políticas de promoción da autonomía.
7.2. Políticas de Igualdade de Oportunidades
As políticas de igualdade, xa o dixemos, deben favorecer en primeiro lugar a igualdade de oportunidades entre todas as persoas sexan estas da condición que sexan. É neste eido de Políticas de Igualdade entre as Persoas onde temos que introducir o proxecto de integración de minorías étnicas, no caso concreto da nosa cidade, do colectivo xitano, ou referirnos á política que imos desenvolver coa poboación inmigrante, e tamén, como non, ao deseño dunha verdadeira política de xénero realmente transversal. As políticas de Igualdade precisan sempre dunha formulación transversal: non son froito único dun departamento, senón que dependen do traballo colaborativo de distintas áreas.
Consello Municipal de Xénero e Identidade Sexual
a) Plan Transversal de Igualdade de Xénero
O sistema ten dous piares que alimentan a situación actual máis precarizada, máis inestable, menos remunerada, da muller: o capitalismo e o patriarcado. Se desenvolvemos os alicerces da democracia participativa, poderemos ir mudando o sistema de relacións actuais que permite a situación de desigualdade e de discriminación da muller.
As leis son precisas, pero temos que actuar na formación, na concienciación, na educación para que a sociedade perciba a necesidade de desenvolver a igualdade efectiva e real entre homes e mulleres en todos os eidos da vida: emprego, exercicios de responsabilidade, conciliación vida familiar e laboral, …..
Os datos do desemprego do 2007 son elocuentes e reflicten que a meirande parte das persoas que caen no desemprego son mulleres. E hai que chamar tamén a atención sobre a aínda máis difícil situación das traballadoras rurais, e non digamos das traballadoras inmigradas, moito máis segregadas e desprotexidas. En Galicia a taxa de desemprego nas mulleres e do 13% frente ó 7,2 dos homes, cobrando unha media dun 27% menos. O tempo de permanencia no desemprego das mulleres é moi superior ao dos homes e a tasa de cobertura de prestación das mulleres é un 40% con respecto ós homes. A taxa de temporalidade das traballadoras galegas é dun 40,5%. Non estamos mellor situadas nos sistemas de protección social: as mulleres son as perceptoras do 80% das pensións de viuvez e das non contributivas (as de contías máis baixas), e absolutamente minoritarias nas contributivas (de contías superiores), por ter un difícil acceso ás mesmas, vía cotizacións á seguridade Social, das que carecen por completo quen non tiveron actividade no mundo laboral. Non é de estrañar, pois, a crecente “feminización da pobreza”.
Por iso é esencial que entre todos e todas, de forma participativa, elaboremos un Plan Transversal de Igualdade de Xénero que leve a unha efectiva igualdade entre homes e mulleres: política de conciliación (creación medidas efectivas para a súa realización => redución xornada laboral); política de representatividade; política de equiparación en dereitos laborais e salariais; etc.
Dedicación mínima do orzamento municipal do 5% a desenvolver ditas políticas. Importante será a tal fin, a execución dun Plan de Prevención de Violencia de Xénero con creación de recursos en centros de acollida e en medidas de reinserción e reintegración social en todos os aspectos vitais.
b) Defensa da diversidade afectivo-sexual
Realizaremos campañas de educación en valores que velen polo respecto da diversidade afectivo-sexual nos colexios, institutos e centros sociais do Concello. En definitiva, queremos aplicar unha política de integración e normalización da homosexualidade, da bisexualidade e da transexualidade.
Consello Municipal de Migracións
Medidas e propostas que levaremos a cabo:
  1. Creción dun dun Plan Local de Convivencia Intercultural a 5 anos vista, realizado e definido en base aos parámetros participativos explicados máis arriba (“o espazo onde inmigrantes, emigrantes retornados e o tecido asociativo veciñal se encontren e analicen as dificultades da vida cotiá e procuren, procuremos entre todos e todas, establecer solucións que nos leven a superar a énfase nos feitos diferenciais e nacionais”)
  1. Con independencia da condición administrativa, os servizos sociais, en tanto que piar da igualdade de oportunidades e do benestar social do Concello, serán achegados a todas as persoas inmigrantes. Un Concello non pode favorecer a discriminación, nen crear unha segmentación entre persoas visibles e persoas invisibles ou non-persoas. O dereito de todas as persoas migrantes aos recursos e prestacións estará por riba das continxencias administrativas.
  1. A Oficina de Emigración e Inmigración converterase nun órgano útil, respondendo á finalidade para a que foi creada, sempre tendo en conta o criterio primario de ofrecer ás persoas migrantes que acudan un asesoramento global.
  1. Estableceremos un Plan de Acción Local Contra a Trata de Persoas, procurando a reparación, a defensa, a integración da persoa vítima de trata no desenvolvemento normalizado da vida cotiá, desvencellando a defensa dos seus dereitos da colaboración da vítima coas autoridades.
  1. Con Esquerda Unida-IU, o Concello de Santiago perseguirá todo acto de racismo e xenofobia.
  1. O Concello de Santiago militará en contra da norma discriminatoria do reempadronamento.
  1. Esquerda Unida-IU desenvolverá unha campaña informativa para apoiar o dereito ao voto e á participación social e política de todas as persoas residentes estranxeiras.
  1. Con Esquerda Unida-IU, o Concello de Santiago realizará as xestións pertinentes e exerzerá toda a presión posible para que as persoas transexuais inmigrantes podan obter o recoñecemento da súa identidade sexual no seu DNI. O avance dado nas Leis estatais e nacionais debe amparar tamén ás persoas inmigrantes.
Plan Integral de Desenvolvemento Persoal e Social do Colectivo Xitano
Desenvolveremos tamén un Plan Integral de Desenvolvemento Persoal e Social do Colectivo Xitano. Privilexiará diversos enfoques con vistas a lograr que o que funcionou nunha zona (Fontiñas), funcione tamén noutras zonas (Almáciga). Eidos prioritarios:
- educativo
- acceso á vivenda
- acceso á formación e ao emprego: conexión co dpto. de emprego. Convén saír do marco prelaboral das principais accións para introducirnos no eido laboral.
- concienciación e sensibilización social para que non se asocie cultura xitana a cultura da pobreza e marxinalidade.
e) Concellalía da Cultura da Paz e Solidariedade
Compromiso de dedicar un mínimo do 1% a desenvolvemento de políticas de Cooepración e Desenvolvemento.

No hay comentarios: