jueves, 31 de mayo de 2007

Xustificación pouco decorosa

Nunha entrevista concedida a Correo TV, Sánchez Bugallo era incapaz de asumir a perda dun concellal e daba boas mostras da súa altura política. A culpa da perda do concellal, segundo el, era de....Zapatero!!! Velaí que o propio Bugallo instala no discurso municipal o que tanto lle gustaba ao PP en plena campaña preelectoral e electoral: a situación da política nacional. Con amigos así...para que precisa inimigos Zapatero. E se quere acusar....como non acusa ao maís inmediato na xerarquía...Touriño?!

Sánchez Bugallo debería analizar en clave autocrítica os seus resultados e pensar, sequera por un breve momento, se o seu baixón non se debe a un erro na xestión municipal.... que era o que se sometía a votación.

O desleixe do rural quizais non se manifestou en perda de votos pola apresurada carreira de promesas electorais e porque aínda existe o errado e anacrónico convencemento de que as subvencións ás asociacións non son un dereito e si un favor.

Pero as promesas...se non se cumpren, vólvense contra un mesmo...estouran!! E estourarán, avanzamos nós.

Pregúntense os veciños e veciñas se Bugallo acerta. Ao cabo dun tempo do novo equipo de goberno, que se pregunten os veciños e veciñas se o metro lixeiro ao Aeroporto, se os teleféricos, en definitiva se as diferentes promesas electorais lograron ou non o obxectivo que perseguían: convencer, seducir ou persuadir? Ou ben enganar e lograr, da forma que sexa, o goberno e manter o poder...atado e ben atado?

O exercicio da política require sempre que se faga, incluso no mellor das casos posibles, autocrítica. Nesta ocasión, aínda máis. Dicir, en plan acusica, que a culpa é do..."cha cha chá", como dicía aquela canción, é deixar ben visible a que altura está o nivel político do acusador.

No hay comentarios: