lunes, 28 de mayo de 2007

SEMPRE TOCA VALORAR

Onte, por uns momentos, houbo na TVG unha enquisa a pé de urnas que anunciaba a posibilidade de acadar un representante en Santiago. Durou unha hora esa alegría, pero foi un momento importante para a nosa organización. Desde 1987 non conseguíamos un resultado así. Duplicamos os resultados do 2003. Fíxose un bo traballo de rúa e presentámonos cun programa ben artellado e realizado de forma participativa.

As 1119 persoas que nos votaron agardan agora que Esquerda Unida siga traballando igual, siga presionando a un Goberno que non cremos altere de forma esencial o que fixeron até o de agora. Podo garantir que Esquerda Unida seguirá loitando contra todas as inxustizas sociais que se van dar na cidade e seguirá en estreito contacto co tecido asociativo da vila. Serán 4 anos de traballo moitas veces silenciado, pero se insistimos seguro que logramos tamén derubar o muro mediático e o escurecemento informativo.

Desde a miña posición de cabeza de lista estou contento co traballo realizado pola candidatura. Chegamos a todos os recunchos do Concello como o demostra o feito de que temos en votos en todas as mesas (menos nunha de Marantes) e en todos os recunchos, rural e urbano. Iso xa é un primeiro indicio de traballo ben realizado.

Esquerda Unida subiu en votos e en concellais en Galicia. No que atinxe á nosa comarca, en Ames acadamos algo máis dun 3%. Isto sinala que se fixo un bo traballo.

A intención é seguir subindo, seguir medrando, aumentar a nosa presenza na comarca.

Desde aquí reitero o meu agradecemento a todas as persoas que fixeron posible esta duplicación de votos e porcentaxe. Para elas vai o meu recoñecemento.

Ás 1119 persoas que nos votaron a mensaxe de que estarán con nós en cada acción, en cada acto de denuncia, en cada moción, pregunta ou alegación que presentemos. A todas elas graciñas.
Xabier Ron

No hay comentarios: