viernes, 18 de marzo de 2011

Comunicado acto de presentación Xabier Ron.

COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PRESENTA A SÚA CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011

XABIER RON, QUE ENCABEZA A CANDIDATURA, PUXO DE RELEVO O TRABALLO REALIZADO AO LONGO DESTES CATRO ANOS DESDE AS RÚAS.

Ás 20h15, no Centro Sociocultural de As Fontiñas, Esquerda Unida Compostela presentou formalmente a súa candidatura ás Eleccións Municipais 2011.

O acto contou coa presentación de Daniel Pérez Amador, candidato por Esquerda Unida Ames e coas intervencións de Xesús Redondo Abuín, candidato por EU Compostela, Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida e de Xabier Ron, que será quen encabece a candidatura.

Xabier Ron analizou na súa intervención o duro traballo realizado durantes estes catro anos, desde o 2007. Un traballo serio, continuado, desde as rúas, pero co fin de realizar unha crítica construtiva ao traballo que facía ou deixaba de facer o equipo de goberno do Concello de Santiago. Detallou que foron unha sesentena de accións entre mocións e preguntas rexistradas no Concello. Algunha delas, como a da Vía Verde Amio-Sigüeiro, a da creación do Servizo de Mediación Veciñal, ou as de colocación de semáforos e outros sinais para mellorar a seguridade viaria, foron adoptadas polo Concello. Durante estes catro anos mantiveron xuntanzas periódicas cos representantes do tecido asociativo da cidade.

Esquerda Unida Compostela confia en que este traballo sexa quen de afortalar a confianza dos veciños e veciñas nas súas propostas programáticas e de acadar representación no Concello.

A democracia participativa, o afortalemento do sector público como redistribución da renda, o dereito a unha vivenda digna, o dereito a ter un emprego estable e de calidade, uns servizos sociais non suxeitos a caridade, a igualdade efectiva de todas as persoas sexan estas de onde sexan, unha cidade cohesionada social e medioambientalmente, son, entre outros aspectos, algunhas das medidas que figurarán detalladas no programa.

A campaña será de proximidade, de rúa, empregando os medios xa tradicionais de reparto de octavillas e dípticos ao mesmo tempo que potenciarán a información dixital a través do blog comarcal e das redes sociais.

No hay comentarios: