miércoles, 16 de marzo de 2011

Presentación Xabier Ron como cabeza de lista

Prezada veciña / Prezado veciño

O xoves 17 de marzo de 2011, Esquerda Unida Compostela presenta oficialmente a súa candidatura ás Eleccións Municipais 2011, da cal será candidato primeiro o autor destas liñas, Xabier Ron.

Representa para min un enorme pracer convidarte ao acto de presentación que terá lugar a partir das 20h15 no Centro sociocultural de Fontiñas. No acto estarei acompañado por Daniel Pérez Amador, que é cabeza de lista por EU Ames, e que fará de presentador; por Xesús Redondo Abuín, histórico da nosa organización, que soubo resistir á violencia franquista e que, hoxe, loita contra o capitalismo salvaxe e que sempre nos ilustra co seu perseverante exemplo; e finalmente, por Yolanda Díaz, a nosa Coordinadora Nacional, que soubo revitalizar a nosa organización a nivel nacional.

Somos unha organización pequena, pero seria. Desde as rúas, ao longo destes catro anos realizamos un duro traballo de crítica construtiva ao que facía ou deixaba de facer o equipo de goberno. Fomos quen, a pesar das dificultades, de ter influencia na vida política e social da cidade. Ese é o noso aval.

O xoves 17 de marzo de 2011 defenderemos, xa que logo, ese traballo e bosquexaremos as liñas mestras das nosas propostas, que constitúen un programa político e social de esquerdas.

Agardo, prezado veciño, prezada veciña, poder contar contigo neste acto, mentres transmítoche un cordial saúdo

Xabier Ron

Coordinador Comarcal de Esquerda Uunida Compostela e candidato ás Eleccións Municipais 2011.

No hay comentarios: