O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MANTÉN FIRME O SEU APOIO A QUE A
FEIRA DE GANDO SE CONTINÚE LEVANDO A CABO NO CONCELLO DE SANTIAGO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE O GOBERNO LOCAL DO PP UN ACORDO POR
ESCRITO NO QUE SE ESTABLEZAN AS CONDICIÓNS PARA A CELEBRACIÓN DA FEIRA EN
SANTIAGO.
O Consello
Comarcal de EU Compostela defende os circuítos de proximidade para unha
comercialización sustentable e oponse ás deslocalizacións.
Por iso o
Consello Comarcal de Esquerda Unida se opuxo á neglixente intención do PP de
arrebatar a feira de gando á Santiago, participando, desde o seu inicio, da
Plataforma Cidadá de apoio á feira de gando.
Como é máis que
evidente o goberno local do PP está a levar unha política errática e
incoherente respecto a feira en Amio, que provoca que, unha vez máis, sexa
necesario a mobilización cidadá para atallar os problemas que xera o equipo de
goberno do señor Currás.
Para o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario, dunha vez, que o PP queira
dialogar realmente cos distinto colectivos afectados, para acadar unha solución
que permita, de forma permanente e estable, a celebración da feira de gando no
noso municipio.
Entre as moitas
propostas que a Plataforma expuxo ó alcalde, e que o Consello Comarcal comparte
para lograr un acordo por escrito, como mínimo para esta lexislatura, que de a
tranquilidade necesaria, é que se reflicta claramente que a feira de gando
sempre se celebrará no municipio de Santiago. Se non puidera, chegado o caso,
ser en Amio, o Concello habilitaría outro recinto para a súa celebración.
Tamén, como
mostra do claro interese dos gandeiros e tratantes por chegar a un acordo
firme, se propuxo ó alcalde que, trala pertinente elaboración dun calendario
anual de usos, se por un acontecemento non previsto neste calendario, e como
moito unhas dúas ou tres veces o ano, estarían dispostos a aceptar trocar de
día, ou non celebrar nesa semana a feira, sempre e cando se acredite esa
necesidade e se avise co tempo suficiente, mínimo un par de meses.
Por todo isto,
dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela esiximos o goberno local
do PP que mostre claramente cales son as súas intencións, reclamando que, tralo
diálogo pertinente, se chegue a un acordo por escrito cos distintos grupos
municipais para elaborar un acordo estable que permita a celebración da feira
de gando en Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario