O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentou unha nova moción, nesta ocasión pedimos que se habiliten espazos para o espallamento dos animais de compañía onde non teñan que levar bozo e correa ou cadea, ademais de que se sitúen dispensadores de bolsas biodegradables e puntos de recollida para os excrementos.
Aquí tedes o texto da moción:
Esquerda Unida nas súas medidas programáticas
defende a Declaración Universal dos Dereitos dos Animais, aprobada pola UNESCO
e a ONU, que no seu artigo 5 establece o dereito que teñen os animais de
compañía a vivir nunhas condición de vida e liberdade que sexan propias da súa
especie.
Segundo a lei 1/93 de Protección dos Animais
Domésticos e Salvaxes en Catividade no ámbito da Comunidade de Galicia, os
cidadáns posuidores de animais de compañía están obrigados a mantelos en boas
condicións hixiénicas e sanitarias. Para un correcto desenvolvemento físico e
psíquico do animal, este necesita saír ao exterior, facer exercicio e
comunicarse con outros animais.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
considera que aos propietarios/as de animais de Santiago resúltalles case
imposible exercer este dereito e necesidade dos animais e cumprir o mesmo tempo
o artigo 10 da Ordenanza Municipal para a Protección e Tenencia de Animais do
Concello, no que se obriga a “Con carácter xeral nas vías e espazos públicos os
cans deberán ir provistos de bozo e correa ou cadea. Exceptuarase desta obriga
o suposto de zonas especialmente habilitadas polo Concello para o espallamento
dos can”.
Hoxe en día en Santiago de Compostela existe unha
grave carencia deste tipo de espazos. Os propietarios ou non poden achegarlle
ao animal o exercicio adecuado ou arríscanse a ser sancionados, práctica
habitual do Concello nos últimos anos, en que se tramitaron moitas multas a
propietarios de cans (non perigosos) polo feito de telos sen correa en zonas
verdes.
Como dixemos os espazos destinados polo Concello
para este fin son case inexistentes ou en malas condicións, como sucede co
habilitado, a principios de ano, no parque de Pontepereda, en Conxo, nunha
situación lamentable (entre outros problemas, de pequenas dimensións para os
cans do barrio e con ferros e aramios ao descuberto que chegaron a provocar
feridas nos animais).
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela
solicitamos que se habiliten os xardíns ou parques públicos dos que fala a
Ordenanza Municipal de Tenencia de Animais do ano 2003 para o espallamento dos
cans da cidade. Estes espazos deben contar cunhas dimensións axeitadas, e deben
estar sinalizados, como xa é o caso noutros municipios (Barcelona, Irún,
Madrid, etc)
Isto non require acoutar zonas de uso exclusivo
para mascotas. Os parques públicos poden ser habilitados en franxas horarias
que garantan a convivencia.
Desde o Consello Comarcal de Esquerda Unida tamén
solicitamos un servizo de disposición de bolsas biodegradables para facilitar a
recollida de deposicións de animais de compaña. É conveniente a instalación de
dispensadores de bolsas para residuos caninos en diferentes puntos da cidade,
en parques e zonas nas que os veciños acostuman pasear os seus cans (O Campus,
Alameda, Parque de Bonaval, etc.) e a súa reposición de bolsas mensualmente.
Desta forma o Concello promove e facilita o comportamento cívico da veciñanza
para erradicar este tipo de residuos das rúas e parques da cidade.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro.- Realizar un estudo das zonas da cidade
susceptibles de ser habilitadas como zonas verdes, segundo as necesidades de
cada barrio, restruturando parques e xardíns xa existentes que polo seu tamaño
permitan o correcto espallamento dos animais.
Segundo.-Habilitar para o vindeiro orzamento unha
partida que permita cubrir os gastos para habilitar e sinalizar as mencionadas
zonas coa maior brevidade posible.
Terceiro.- Situar dispensadores de bolsas
biodegradables e puntos de recollida para os excrementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario