martes, 12 de febrero de 2013

Creación empresa municipal de enerxías renovables



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que as Administracións Públicas deben tomar medidas efectivas na loita pola sustentanbilidade.

Por iso apostamos pola creación dunha Empresa Municipal de Enerxías Renovables que autoabasteza aos servizos municipais e promova a autoprodución de enerxías alternativas entre a veciñanza democratizado a enerxía e evitando o abuso das grandes eléctricas.

Como sempre consideramos necesario que para conseguir un proxecto estable, que satisfaga as demandas de cambio de sistema produtivo que a cidadanía demanda, e vital abrir o pertinente debate entre os diferentes sectores da sociedade interesados en colaborar, co fin de acadar un funcionamento eficaz e eficente.

Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida defendemos que esta empresa, de titularidade e xestión pública, tería entre as súas funcións, por exemplo, encargarse de promover a eficiencia enerxética entre veciñanza e empresas mediante asesoramento, formación e divulgación do aforro enerxético a través a pertinente oficina municipal encargada de coordinar e avaliar aos entes municipais involucrados e de difundir e concienciar a cidadanía ante a crise medioambiental e enerxética, porque non cabe dúbida que con estas medidas asemade de reactivar a economía local, serviría de importante pulo a loita contra o cambio climático.

Tamén creemos que debe ser a través da participación cidadá, que é a que faría sólido este proxecto, a que determine, dadas as características da nosa cidade que métodos de obtención de enerxía, fotovoltaica, eólica, biomasa ou outras, os que debería primar potenciarse tanto para conseguir o primordial obxectivo da soberanía enerxética, como o de xerar e reactivar a economía local grazas o troco de modelo económico que suporía.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Creación Empresa Municipal de Enerxías Renovables.

No hay comentarios: