jueves, 14 de febrero de 2013

Denuncia estado parque en Fontiñas




O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DO PARQUE DE FONTIÑAS ENTRE AS RÚAS BERLÍN, LISBOA E O CAMIÑO FRANCÉS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE O GOBERNO LOCAL DO PP QUE SE DEIXE DE CUESTIÓNS ESTÉTICAS E VELE POLA SEGURIDADE.
 
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela esixe que o goberno local do PP cumpra coa súa obrigación e vele pola seguridade da veciñanza.

Denunciamos, tralas queixas veciñais e unha visita en persoa de varios representantes, que o parque recentemente aberto en Fontiñas, entre as rúas Berlín, Lisboa e o Camiño Francés, presenta graves deficiencias de construción, mantemento e seguridade.

En primeiro lugar hai varios pasos elevados, sobre o percorrido da auga que brota dos mananciais que dan nome o barrio, que carecen de pasamáns co que garantir unha mínima seguridade evitando o risco de caídas polo desnivel.

Debido a choiva, fenómeno do máis lóxico e habitual en Santiago, tanto o camiño habilitado para os transeúntes como outras zonas do parque, presentan surcos e grietas no seu trazado que dificultan seriamente o camiñar das persoas.

Nunha das zonas altas do parque existe un hórreo e casas desocupadas que a simple vista acreditan un estado lamentable e serio risco de derrube, co conseguinte perigo para a integridade física, como o é a zona que limita co terraplén de gran altura que se orienta cara Área Central, no que non hai instalado ningún medio de seguridade para evitar o risco de caída.

A todo isto, e outras cousas que se poderían engadir, se lle une un deficiente mantemento do parque dende o estritamente de poda e segado de herba, até farolas con cables cortados e á vista, poste eléctrico tirado no chan, zonas que deberían ser de xogo totalmente inutilizadas e outras cuestións.
 
Polo cal dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela esiximos que o Concello elabore un estudo e un plan de acción para este e todos os parques da cidade, para subsanar calquera deficiencia de construción, seguridade ou mantemento

No hay comentarios: