sábado, 16 de febrero de 2013

A Rexeneración Democrática das urnas



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA INSISTE EN QUE SEXA O POBO QUEN DECIDA O FUTURO DO CONCELLO DE SANTIAGO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU REITERA, UNHA VEZ MÁIS, QUE, POR HIXIENE DEMOCRÁTICA, O ALCALDE E DEMAIS CARGOS IMPUTADOS DEBEN DIMITIR

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reclama a necesidade de que sexa o pobo, a vontade popular, quen decida o futuro goberno do Concello. A disolución da corporación local debe conlevar a convocatoria de eleccións anticipadas.

Tendo en conta as actuacións da xustiza, vémonos na obriga de pedir a urxente dimisión de Albino Vázquez como concelleiro de Santiago, sería inadmisible que unha vez fixada unha fianza para a súa liberdade seguise no seu cargo.

E insistimos en esixir a dimisión do actual alcalde Ángel Currás, pola imputación e pola súa incapacidade para asumir responsabilidades e facelas asumir. Non se trata de desculpas, senón de asumir a responsabilidade política.

Igualmente, incluimos nesta petición de dimisión a de todos os cargos imputados na actualidade no PP local: por hixiene democrática. A cidadanía vese incapaz de confiar hoxe no equipo de goberno.

As respostas dadas por Núñez Feijóo, Paula Prado e o propio Currás son dignas do “escapismo” e de non querer asumir as responsabilidades políticas asociadas aos seus cargos e, tal como se di na prensa xermana, aquí “non dimite nin Deus”. Nada do que acontece en Compostela é normal. É escandaloso. A democracia non pode soportar ningún xesto de vulneración ética e moral. É inxustificable e ningunha disculpa pode borrar o dano que se lle fai á imaxe de Compostela, á democracia e á propia cidadanía.

Os partidos da oposición xa denuncian a situación de ingobernabilidade, a mesma que nós denunciamos xa hai un mes, a mesma que é detallada agora polos propios funcionarios e funcionarias do Concello que se laian do desamparo e do desgoberno existente. Currás dicía que non dimitía pola xestión, pero queda claro que de xestión nada. Están máis preocupados por comprobar que non hai teléfonos pinchados que en gobernar. É o cumio dunha nefasta xestión política, social e económica do goberno local do Partido Popular que prexudica gravemente os intereses xerais dos veciños e veciñas.

Sobran argumentos para o adianto electoral. Fai falla vontade política. Coma en todo. Por iso, porque se poden adiantar eleccións municipais, o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela traballará para que o pobo poda decidir o seu futuro.

No hay comentarios: