
A cidade de
Santiago, pola súa tradición de cidade de peregrinación e de turismo, é unha
cidade moi peonil. Polas súas rúas transitan, por exemplo, visitantes de todas
as partes do mundo, habitantes da mesma e estudantes da súa universidade para
desprazarse dun sitio a outro. Ao mesmo tempo, cada día, miles de vehículos
circulan pola cidade, tanto privados, comerciais como de uso público.
É obriga do
Concello buscar unha circulación fluída para ambas partes mais non sempre é
así. Na beirarrúa de Fonte de Santo Antonio, na parte que orientada cada a
Facultade de Historia, acontece algo pouco razoable: a beirarrúa está
obstaculizada por un edificio da zona vella. Isto obriga a que os peóns que
camiñan por ela, deban correr o risco de pasar á estrada para poder seguir co
seu camiño, co perigo que iso supón, posto que, por exemplo, dependendo do
sentido da marcha a visibilidade dos vehículos que veñen en dirección contraria
é case nula.
Tendo en conta que a zona vella da cidade é patrimonio cultural e que na casa que bloquea a beirarrúa hai un negocio funcionando e vive xente, a posibilidade de derrubar esta casa non é unha opción que se poida considerar, mais ante esta situación algo se debe facer.

Para Noel Dopazo
Vázquez, responsable de Cultura e Patrimonio no Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, “a mellor opción para actuar nesta problemática sería a colocación da sinal
de tráfico Tránsito de peóns ou a que
se considere oportuna, para que as e os condutores superan o que lles espera e
extremasen a precaución na súa circulación, protexendo así aos transeúntes e
rebaixando o risco de accidentes”.
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que se coloque o antes posible nese
punto da rúa Fonte de Santo Antonio, para os vehículos que circulan cara a
Praza de Galicia, unha sinal de ‘Tránsito de peóns” ou a que se considere
oportuna
Segundo. Que mediante o pertinente debate
cidadá se faga un estudo en busca doutros puntos na cidade que precisen de
novas sinais de tráfico
No hay comentarios:
Publicar un comentario