O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PIDE A DIMISIÓN DE BENARDIDO
RAMA POLA SÚA IMPUTACIÓN NO CASO MONTEBALSA.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE ADIANTO DE ELECCIÓNS
E DE QUE OS CARGOS PÚBLICOS IMPUTADOS EN CASOS DE PRESUNTA CORRUPCIÓN DIMITAN.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
dende o respecto a súa presunción de inocencia, esixe a dimisión de Benardino
Rama pola súa imputación no caso Montebalsa.
En primeiro lugar, queremos manifestar que será o
procedemento xudicial, onde o señor Rama defenda as súa inocencia baixo o
amparo da lei, o que ditamine se hai motivos para a culpabilidade ou non deste
concelleiro.
Mais, dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela consideramos que por deber político e ético, o concelleiro Benardino
Rama debe renunciar ao seu cargo público. A responsabilidade política que debe
impregnar a todo cargo público esixe dita dimisión.
O Concello de Santiago está a dar un mal exemplo
de responsabilidade política ante a cidadanía, que padece a diario como as persoas
que as deben representar politicamente están inmersas en casos de corrupción de
tal forma que son numerosas as imputacións que salfiren o equipo de goberno do
PP, ao que se suma agora o PSdG. Que máis ten que pasar no Concello para que se
asuman as responsabilidades políticas?
É intolerable que a sospeita permanente se instale
no Concello provocando que a tensión e demagoxia se impoñan no salón de Plenos
e que non se teñan en conta as necesidades reais dunha cidadanía abafada polos
recortes e as políticas austericidas. A coherencia política e a altura ética
deberan prevalecer e non un esperpéntico circo do “e ti máis e ti peor”. En
todo caso, o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela agarda que, polo
ben da ética e da democracia, as cousas non se intenten ‘maquillar’ entre os
grupos políticos afectados. .
Por iso, por responsabilidade política reclamamos,
unha vez máis, non só a dimisión de Benardino Rama de inmediato, se non a de
todos os cargos públicos imputados en casos de presunta corrupción, pois se ben
defendemos a súa presunción de inocencia, este escándalo continuado lesiona,
non só a imaxe deste Concello, senón á mesma democracia.
Por último reiteramos que a solución para este
Concello para necesariamente polo adianto electoral. Só as urnas poden
rexenerar unha corporación ferida de morte e achegar a ética á práctica
municipal. Ética cuxo fin é garantir os servizos públicos que as veciñas e
veciños queren para Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario