miércoles, 12 de junio de 2013

Izado bandeira Orgullo LGTBI no Concello



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela ten moi en conta a loita do colectivo LGTBI pola igualdade de dereitos, o esforzo empregado nas conquistas sociais acadadas ata agora e toda a represión que sufriron durante a ditadura, transición e ata os nosos días.

O 28 de xuño é o Día Internacional do Orgullo LGTBI, conmemorando así os disturbios de Stonewall de 1969 en Nova York, día que se considera como comezo do activismo gai e, máis adiante, LGTBI.

Non é pouco o avanzado dende entón. Ademais da eliminación da homosexualidade como unha enfermidade no 'Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) da Organización Mundial da Saúde (OMS) das Organización das Nacións Unidas (ONU) nos anos '90, podemos destacar a aprobación da Lei do Matrimonio Igualitario ou a Lei de identidade de Xénero na década pasada.

Aínda así, non debemos enganarnos, xa que aínda queda moito que camiñar e loitar para acadar a igualdade real para o colectivo LGTBI, xa que a LGTBIfobia ou o acoso escolar e laboral por motivos de condición sexual están á orde do día, entre outras cousas como que a transexualidade segue a estar catalogada como unha enfermidade.

Contra todo tipo de impedimentos dende os gobernos conservadores de todo o mundo, son cada día máis as e os activistas LGTBI que deciden non ficar quietos ante a discriminación que estamos a padecer lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais, poñendo en moitos países do mundo ata a súa vida en risco.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro.- Que o venres día 28 de xuño sexa izada a bandeira do Orgullo LGTBI no Concello de Compostela, así como noutros edificios que pertenzan ao Concello da cidade, como recoñecemento e apoio á causa e ao activismo LGTBI.

Segundo.- Que o Concello inste á Xunta e a outras institucións públicas da cidade ao izado de dita bandeira na mesma data

No hay comentarios: