Para o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario que o Concello actúe e leve a
cabo medidas que beneficien á maioría social.
Para acadar este
obxectivo, parece ser, que é necesario o consenso entre diferentes forzas
políticas, dende as súas diferenzas, grandísimas diferenzas nalgúns casos, para
acadar medidas que aporten benestar ás veciñas e veciños.
Por tal motivo,
para abrir o debate e limar as posibles diferenzas que poidan existir entre as
distintas forzas políticas o Consello Comarcal de Esquerda Unida, trala lectura
do programa electoral do Partido Popular para as municipais de 2011, considera necesario
consensuar as medidas que a continuación se expoñerán, sacadas literalmente
dese programa electoral que o PP presentou.
Por suposto, como se
debería facer sempre, o debate ten que ir máis aló das forzas políticas e
contar coa participación da cidadanía e colectivos interesados en colaborar
para acadar medidas que achen solucións aos problemas reais das veciñas e
veciños.
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Levar a cabo a contención dos tributos
locais e un estudo de marxes para unha eventual baixada de tipos ante
situacións límite de precariedade.
Segundo. Conceder axudas por nacemento de
ata 600 euros con carácter progresivo
Terceiro. Introducir rebaixas fiscais para
familias en situacións de precariedade e de exclusión social
Cuarto. Apoiar ás asociacións de mulleres, proporcionando
espazos para o desenvolvemento das súas actividades e a ampliación do seu
programa de accións.
Quinto. Fomentar a integración de persoas con
discapacidade nos cursos de formación ocupacional a través de reservas de
prazas para este colectivo
Sexto. Fomentar como contramedida á crise da
construción, a REHABILITACIÓN.
Sétimo. Promocionar a vivenda pública en
aluguer no ámbito do Centro Histórico coa posibilidade de chegar a un convenio
cos propietarios de inmobles, ou vivendas baleiras, en prol de poder ofertalas
no mercado de aluguer.
Oitavo. Potenciar o uso do transporte
público.
Noveno. Aumentar a sinalización tanto
vertical como horizontal.
Décimo. Poñer en servizo o metro lixeiro
Décimo primeiro. Fomentar o uso dos aparcadoiros de bordo
incrementando as frecuencias dos autobuses lanzadeira para o acceso ao centro
da cidade.
Décimo segundo. Impulsar a construción da estación
Intermodal de Ferrocarril e Autobuses na actual estación do ferrocarril
Décimo terceiro. Promoción do uso do vehículo
eléctrico tanto no eido dos servizos públicos como no privado.
Décimo cuarto. Habilitar espazos de recreo para animais
de compañía onde se permita ceibalos, dotados de dispensadores de bolsas para
manter limpa a cidade
Décimo
quinto. Promover a recuperación da Sala Yago como contenedor cultural destinado
a novas tendencias tales como danza, jazz, teatro de vangarda e teatro infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario