O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA OS IMPEDIMENTOS QUE O
PARTIDO POPULAR ESTÁ A POÑER PARA DIFICULTAR O DEREITO A MANIFESTARSE.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA LAMENTA A DETENCION DUNHA MULLER NUNHA
PROTESTA DAS PERSOAS ESTAFADAS CON PREFERENTES E ESIXE AS PERTINENTES
EXPLICACIÓNS.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reitera a súa denuncia de que o PP está a acometer medidas que procuran
dificultar o dereito a manifestarse.
Hoxe, tal e como nos informou un compañeiro de EU
que asistiu a inauguración dunha praza dedicada a Uruguai, coa presenza do
presidente Mújica e de Feijoo, unha foi muller foi retida pola policía mentres
exercía o seu dereito á protestar cos outras persoas estafadas con preferentes.
Esiximos que o Partido Popular non converta a
cidade nun estado policial co fin de amedrentar á cidadanía e dificultar o
dereito a manifestarse, e se dean as pertinentes explicacións que levaron a
deter á muller que defendía os seus dereitos despois de ser vítima da estafa
das preferentes e o roubo que supón a quita.
Tamén queremos criticar, tal e como nos manifestou
o compañeiro de EU asistente a este acto, a lamentable actitude do delegado do
goberno, Samuel Juárez, dado que cando o noso compañeiro lle pediu as debidas
explicacións ante a detención desta muller, obtivo como resposta aseveracións
irrespectuosas por parte deste cargo público.
Non é a primeira vez que, ante o medo pola
mobilización cidadá, o PP intenta dificultar o dereito a manifestarse, en
primeiro lugar recordar a ordenanza aprobada polo equipo de Currás co que
pretende privatizar as rúas da cidade.
Con maior claridade se mostra esta intención de
dificultar o dereito a manifestarse nas actuacións levadas a cabo, por exemplo,
en xaneiro cando non se facilitou o enganche á electricidade nunha a
manifestación de persoas estafadas con preferentes, ou cando na manifestación
de Queremos Galego non se permitiu a instalación dun palco.
Sen ir tan lonxe, este domingo 2 de xuño, tal e
como denunciaron os convocantes da manifestación contra a minaría salvaxe, o
Concello, a través de Juan de la Fuente, indicou que non se permitía o enganche
á electricidade necesario, por exemplo, para megafonía.
Por último dende o Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela reiteramos o noso apoio ás persoas estafadas con preferentes e
roubadas coa quita na súa loita por defender os seus dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario