VALORACIÓN
PLENO ORDINARIO DO 30 DE MAIO DE 2013.
Unha vez máis o representante do Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela, Vicente Vázquez, tivo problemas para exercer o
seu dereito de asistencia ao Pleno para valorar o que alí se faga ou diga.
Nun primeiro momento a policía impedía a entrada
do noso representante aducindo falta de aforo, como así llo indicou o policía
número de placa 259067, mais coas peticións exercidas de documentación por
escrito que acreditase tal impedimento, sorpresivamente, a policía indicou ao
noso representante que si podía asistir ao Pleno.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela denunciamos que cando entrou o noso representate, co Pleno xa
comezado facía máis de cinco minutos, ten foto que acreditan que nese momento
había polo menos cinco asentos baleiros no salón de Plenos.

No tocante ao transcurso do Pleno ordinario,
resaltar que as investigacións xudiciais que padece o equipo de goberno está a
levar a unha situación inasumible de crispación, que acreditan que a situación
non pode continuar así, ou a Democracia co adianto de eleccións rexenera o
Concello, ou o PP e PSdeG conseguirán que sexa unha xestora ou troica a que “goberne”
na cidade.
Dos temas tratados salientar que a proposta do BNG
dun programa de loita contra a pobreza, foi rexeitada grazas aos votos do PP,
dende o Consello Comarcal de EU demandamos a necesidade de medidas serias e
reais, e non os debates superfluos aos que non teñen acostumados no Pleno, para
loitar contra a pobreza, na que o Concello debe ter un papel predominante, de
colaboración nunha delegando coas distintas organizacións da cidade.
Neste Pleno, entre outras cuestións, aprobouse por
unanimidade unha proposición de defensa do partido xudicial de Santiago, un
crédito para a reposición de cableado do alumeado público como consecuencia dos
furtos.
O Pleno rematou con varios rogos do BNG, e con
varias mocións que o PP non quixo debater votando en contra da súa urxencia,
entre as que queremos destacar as mocións presentadas tanto polo PSdeG e BNG
respecto ao aborto, lamentamos profundamente que o Partido Popular se agoche e
non queira argumentar, se é que son capaces, os motivos que xustificaría para
eles a retrógrada, nefasta e inadmisible volta a longa noite de pedra da
ditadura que supón a reforma da lei do aborto que quere levar a cabo Gallardón.
Por último criticamos a hipocrisía ofrecida polo
PP no debate da moción sobre Salvemos a Hospitalidade, ao defender unha lei de
estranxeiría racista que debe ser derrogada de inmediato
No hay comentarios:
Publicar un comentario