O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE A DIMISIÓN DE JUAN DE LA
FUENTE.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE ADIANTO DE ELECCIÓNS
MUNICIPAIS EN SANTIAGO PARA REXENERAR O CONCELLO.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reitera, unha vez máis, a súa petición de dimisión inmediata para o concelleiro
Juan de la Fuente.
Tal e como denunciaramos o pasado 16 de marzo, ata
a comisión do propio Concello apreciara nas súas conclusións posibles indicios
delictivos, expoñendo que o concelleiro puido incorrer nos graves delitos de
falsidade en documento público e mercantil; e, incluso, na suplantación de
identidade. Acusación ratificada pola propia fiscalía que vén de imputar a Juan
de la Fuente por presunto delito de falsidade documental, tendo que acudir a
declarar o vindeiro 4 de xuño.
Por suposto, insistimos de novo en que imos respectar
a súa presunción de inocencia, e que é a
xustiza quen ditaminará se hai delicto ou non. Non obstante, a democracia
precisa de osíxeno. Precisa recuperar credibilidade. Por iso, para o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Juan de la Fuente queda totalmente inhabilitado
para calquera cargo público e ten que dimitir.
Se o concelleiro decide non presentar de inmediato
a súa dimisión, terá que ser o máximo responsable do Concello, o alcalde Ángel
Currás quen teña que cesalo de todas as súas responsabilidades, censurar publicamente
a súa execrable actuación neste caso das facturas falsas e reclamarlle a
dimisión.
Dende o Consello Comarcal de EU, unha vez máis,
queremos denunciar que o que acontece no goberno local do Partido Popular non é
unha mera cuestión de persoas senón de política, da nefasta ideoloxía
neoliberal que provocou esta crise-estafa. Por iso, o concelleiro imputado non
pode permanecer. De facelo, crébase a confianza da cidadanía, cansa das escusas
do PP compostelán.
A decrepitude moral do PP leva ao noso Concello a
unha situación insostible de ingobernabilidade que se manifesta non só nas máis
que evidentes liortas internas existentes no equipo de goberno de Currás, senón
tamén na ausencia de políticas activas en beneficio dos veciños e veciñas de
Compostela.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela reiteramos a nosa petición, feita pública o 15 de xaneiro, de
adianto de eleccións municipais como unha solución democrática viable para
defender os dereitos da maioría social da cidadanía.
Ten que darse a voz ao pobo nas urnas, para que
sexa el o que decida o futuro que desexa para Santiago, non admitiremos
ningunha solución, como xestoras, troicas... que non conten coas veciñas e
veciños, e perpetúen un sistema corrupto e corruptor que abafa os dereitos
sociais e laborais das persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario