O CONSELLO
COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DO COMERCIO XUSTO
REIVINDICANDO INICIATIVAS ECONÓMICAS XUSTAS E SOLIDARIAS.
PARA
O CONSELLO COMARCAL DE EU AS INICIATIVAS LIGADAS AO COMERCIO XUSTO DEMOSTRAN
QUE OUTRO TIPO DE ECONOMÍA É POSIBLE E QUE COMPRE REBELÁRMONOS FRONTE A UN
SISTEMA QUE PERPETÚA A INXUSTIZA SOCIAL E A DESTRUCIÓN DO MEDIO AMBIENTE.
O 11 de maio celébrase o Día Mundial do Comercio
Xusto e o Consello Comarcal de Esquerda Unida considera función indispensable do
Concello promover medidas que cambien as
profundas inxustizas derivadas do actual sistema económico de produción, distribución
e consumo.
Unha das terribles consecuencias do sistema
económico imperante é a fame. É inmoral que nun
no mundo se producen máis alimentos que nunca antes na historia 900
millóns de persoas sigan hoxe a pasar fame (segundo os últimos datos da FAO). A globalización neoliberal ten privatizado
moitos aspectos das nosas vidas, incluso
o acceso aos recursos naturais como a terra e a propia agricultura. Unhas
poucas multinacionais someten aos seus intereses privados a produción,
distribución e consumo facendo da alimentación un mero negocio e impedindo o
acceso aos alimentos das persoas máis pobres.
Pero non so a fame é consecuencia do sistema
económico imperante. As persoas perdemos en xeral o nosa soberanía como
consumidoras. Por exemplo a nosa soberanía alimentaria: aquela que nos permite saber que é o que comemos, a
quen lle compramos realmente os alimentos e como se produce todo o que nos
levamos á boca. Moitos labregos e labregas non teñen acceso aos bens
fundamentais da produción agrícola (auga, sementes, terras) e os propios
estados non son soberanos a hora de decidir as súas políticas agrícolas. Isto
non acontece unicamente no ámbito da industria alimentaria, a morte, o pasado
24 de Abril, de máis de 1.000
traballadoras e traballadores de Bangladesh que producían roupa para as grandes
marcas internacionais, son triste proba disto.
Baixo o actual sistema todos os dereitos humanos
son sometidos aos intereses privados dunhas poucas multinacionais. E nestas
circunstancias non se pode falar de Comercio Xusto.
O Concello debe servir de exemplo e apostar pola
contratación pública responsable. Aquela que ten en conta criterio ambientais,
sociais e éticos á hora de comprar ou contratar. Ademais o goberno galego está na obriga de
promover e fomentar o Comercio Xusto. E en xeral todas aquelas iniciativas
directamente vinculadas a unha economía solidaria que sitúan os dereitos das
persoas por riba dos réditos económicos
(banca ética,tendas de comercio xusto, entidades que defenden o software
libre, cooperativas de consumo e produción,…).
No hay comentarios:
Publicar un comentario