O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA A FALTA DE
TRANSPARENCIA DO PP SOBRE AS XESTIÓNS QUE LEVA A CABO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CRITICA OS TROCOS NO TEMPO DE PAGO DO IBI.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera
necesario que o Concello informe debidamente sobre os cambios que leve a cabo
nas distintas cuestións que afecten á veciñanza.
Por exemplo no tocante ao pago do IBI o Partido
Popular acaba de deixar claro a súa faciana demagóxica e a total falta de
transparencia que ven demostrando na súa nefasta xestión.
Que voluntariamente as veciñas e veciños que así o
desexaron fraccionaran o pago do IBI, en tres recibos un no mes de maio, outro
en agosto e o último en novembro, parécenos unha boa iniciativa.
O que consideramos inadmisible e que na campaña de
mercadotecnia levada a cabo polo PP para dar a coñecer esta medida non se
informou debidamente dos outros trocos que se ían acometer no pago do IBI para
a cidadanía de Santiago.
Tralas numerosas queixas recibidas, comprobamos
que as persoas que non decidiron acollerse ao pago fraccionado do IBI, están a
recibir nestes días un recibo no que se lles indican que o prazo para pagar
este imposto remata a principios do mes de xuño, o que supón o adianto dun pago
que ata o de agora se realizaba nos meses de setembro, outubro e novembro.
Pero non so a falta de información, se non
ocultación, deste adianto no pago dun imposto, que para moitas veciñas e
veciños supón un gran esforzo económico, é criticable, tamén denunciamos que
moita da xente que se puxo en contacto con nós indicou que a recepción do
recibo deste imposto está chegando estes días, cando o prazo para pagalo
comezou xa a principios do mes pasado, é dicir, de facto non hai dous meses
para cumprir coa obriga do pago senón so un.
Outra senrazón desta actuación do equipo de
Currás, que prexudica gravemente á veciñanza de Santiago, é que ao pago do IBI
hai que sumarlle o do imposto de circulación que tivo que realizarse
recentemente, polo que o Partido Popular está a obrigar as traballadoras e
traballadores a un considerable desembolso económico que aplicando o que ata o
de agora era a costume tributaria da cidade non tiña que producirse.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda
Unida esixe ao PP que, mantendo o pago fraccionado do IBI, rectifique o adianto
do pago deste imposto levado a cabo este ano
No hay comentarios:
Publicar un comentario