O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela considera positivo o comezo da posta en valor do
xacemento do Castelo de Rocha Forte, posto que a defensa do patrimonio galego é
unha loita que o Partido popular está a deixar de lado.
Para a protección e
estudo deste tesouro compostelán, o Concello recibiu do Ministerio de Cultura
unha cantidade de 1.000.000€, ademais dun límite de tempo para realizalo,
límite que foi prorrogado ata finais de ano.
Tendo en conta a
importancia do xacemento e a oportunidade que significa para carreiras
universitarias como a de Historia, o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela preguntou ao Concello o 8 de Xaneiro de 2013 se o Concello pensaba
contar coa participación da USC, axudando á formación dos futuros profesionais
da profesión e minguando a precariedade que a Universidade histórica da cidade
está a pasar.
Dende entón,
seguimos a esperar unha resposta dende o Concello, quen, ao parecer, está a
empregar os recursos económicos na contratación de “persoal especializado”,
segundo a empresa galega.
Ademais do feito de
non contar coa participación dunha institución fundamentable da cidade como a
USC, o Concello non está a ser transparente no que ao uso deses cartos se
refire, o que, dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela,
consideramos como unha vergoña
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que se solicite a colaboración da
USC para o estudo, reparación, protección e posta en coñecemento do xacemento
de Rocha Forte.
Segundo. Que o Concello faga pública a
xestión dos cartos concedidos polo Ministerio de Cultura
No hay comentarios:
Publicar un comentario