viernes, 24 de mayo de 2013

Xuntanza con COGAMI



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PROSEGUE AS REUNIÓNS CO TECIDO ASOCIATIVO DE SANTIAGO MANTENDO UNHA XUNTANZA CON COGAMI.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA COMPARTE AS RECLAMACIÓNS FEITAS POR COGAMI DE POLÍTICAS TRANVERSAIS DE ACTUACIÓN E DE MEDIDAS CONCRETAS COMO, POR EXEMPLO, UNHA ORDENANZA DE ACCESIBILIDADE.

Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Xenxo Redondo e Vicente Vázquez, proseguindo co programa de reunións co tecido asociativo da cidade mantiveron unha xuntanza con representantes de COGAMI.

Por desgraza no transcurso da xuntanza os representantes Confederación Galega de Persoas con Discapacidade manifestaron que dende a anterior xuntanza con Esquerda Unida, en abril do 2011, a entrada do Partido Popular no goberno do Concello supuxo un despropósito e un retroceso en todo o traballo realizado até o de agora.

Consideramos inadmisible que a día de hoxe o Concello non respectase o procedemento administrativo do contrato de mantemento para a zona de Salgueiriños a Cogami, que demostrou a súa eficiencia e labor social. Agardamos se solucione debidamente o antes posible e esta zona de Santiago volva ter, a través de Cogami, o mantemento que precisa e evitar a lamentable deterioro que sofre pola incompetencia do equipo de goberno de Currás. Outra cuestión que consideramos imprescindible é que o Concello actúe e en evitar o roubo de papel para reciclaxe que está a sufrir a empresa Coregal.

O Consello Comarcal de EU Compostela comparte totalmente as reclamacións de políticas transversais que afecten a todos os ámbitos de actuación do Concello, e non meros feitos esporádicos e cosméticos. Por iso demandamos que o antes posible, mediante o debido debate e participación coas entidades interesadas, se leve a cabo a elaboración dunha ordenanza de accesibilidade que rexa na cidade.

Por suposto compartimos a necesidade de incluír obrigatoriamente as cláusulas sociais nos contratos públicos que, por exemplo entre outras moitas cuestións, valoren debidamente o que supoñen a hora de prestar servizos que a cidadanía demanda os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro. Por suposto é necesario que se faga real a reserva de prazas para persoas con discapacidade na función pública.

Dende o Consello Comarcal de EU demandamos ao PP que teña a vontade política necesaria para facer efectiva, non un mero ornamento publicitario, a comisión de accesibilidade. Debendo acometer o antes posible, entre outras cuestións, un censo de pasos de peóns que deban ser acondicionados debidamente para facilitar a mobilidade, a elaboración dun plan de accesibilidade a edificios municipais, o acondicionamento das paradas do transporte público ou, por exemplo, un estudo das tarxeta de estacionamento para evitar as fraudes

No hay comentarios: