
Como en todas as convocatorias sindicais anteriores, o éxito de participación acredita a necesidade de mudar as políticas neoliberais, que levan á miseria á maioría social que padece os recortes que o Partido Popular está a levar a cabo para saciar os mercaderes que buscan o lucro individual a costa dos servizos públicos e dos dereitos da cidadanía.


A recente EPA deixa claro o fracaso do goberno de Rajoy no Estado, de Feijoo na Xunta e de Currás no Concello, incapaces de dar solucións reais aos problemas dos veciños e veciñas, que se ven na obriga inmoral de pagar unha crise que non provocaron.

Por todo isto dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
seguimos animando os veciños e veciñas a manter a loita para evitar
estas políticas neoliberais, que transforman a cidadanía en mercadoría
en mans dos mercados, reiterando unha vez o compromiso desta
organización cos traballodores e traballadoras.
VIVA O PRIMEIRO DE MAIO
VIVA A CLASE TRABALLADORA
VIVA A REPÚBLICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario