miércoles, 22 de mayo de 2013

Solicitude de contestación ao escrito do 22 de marzo



Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario que o Concello en cumprimento das súas obrigacións conteste en tempo e formas as solicitudes debidamente rexistradas.

Pero unha vez máis isto non ocorre respecto a organización política que representamos posto que o pasado 22 de marzo de 2013 rexistramos debidamente unha solicitude pedindo explicacións ao Concello de porque se prohibiu a nosa entrada no Pleno ordinario do 21 de marzo, adxuntamos copia do documento rexistrado.

Por tal motivo o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela vese na obriga de demandar de novo que se nos notifique por escrito os motivos polos que os policías locais, nº de placa 259076, 259111 e 259186 impediron a entrada ao noso representante, Vicente Vázquez Freire, ao Pleno ordinario do xoves 21 de marzo de 2013

Tamén solicitamos que se nos indique o motivo de preferencia de entrada das persoas que si puideron acceder ao Pleno en lugar do noso representante, que pediu facer as pertinentes xestións para poder asistir á sesión plenaria pero non foi tomado en consideración.

Por último queremos manifestar que estes motivos, entre outras cuestións, deben evitar arbitrariedades ou discriminacións e que para ser lexítimos deben respectar os requisitos adoptados nun acordo corporativo xeral ou no Regulamento orgánico, como son: estar debidamente motivados, ser obxecto da necesaria publicidade e cunha antelación suficiente para o seu debido coñecemento polos posibles interesados ou non incluír criterios para a selección dos peticionarios que se poidan entender como discriminacións.

Por todo isto, Xabier Ron, en representación do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela.

SOLICITA

1º) Que o Concello, tal e como se lle pediu o 22 de marzo, certifique por escrito a persoa que ordenou aos policías locais impedir a entrada do noso representante ao Pleno do 21 de marzo de 2013, e os motivos polos que tomou esta decisión.

2º) Tal e como se pediu no escrito do 22 de marzo, que se certifique por escrito o motivo de preferencia de entrada das persoas que si puideron entrar no Pleno

3º) Que se se amplíe a difusión do Pleno mediante megafonía, televisión ou internet

No hay comentarios: