miércoles, 15 de mayo de 2013

Prohibición explotación de animais en espectáculos



Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario que o Concello leve a cabo todas as medidas para garantir o respecto aos dereitos dos animais na cidade.

É evidente que unha tarefa a realizar para garantir estes dereitos consiste en promover todas as actuacións necesarias para evitar o maltrato e explotación de calquera animal, como por exemplo o son os circos que os utilizan nos seus espectáculos.

Como xa denunciaramos segundo un estudo de Animal Defenders International (ADI) os animais dos circos botan entre un 81-88% do seu tempo encadeados ou con apenas mobilidade, porcentaxe que alcanza o 98% nalgunhas especies como os cabalos e ponis.

O Consello Comarcal de EU demanda, como xa ocorre en máis dun cento de municipios, entre eles, Barcelona, Badalona, Palma de Mallorca, e recentemente Ourense, que se modifique a normativa municipal para prohibir os circos con animais, co obxectivo de procurar o seu respecto e protección

Outro evento no que se vulneran os dereitos dos animais, e que en xullo de 2010 xa pedimos a súa prohibición, son as execrables corridas de touros.

Por suposto, dende o debate cos colectivos da cidade interesados nesta defensa dos dereitos dos animais, pedimos que se leve a cabo un estudo de todos os espectáculos, ademais dos mencionados, que deban ser prohibidos na cidade por humillar e explotar aos animais.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. Que o Concello prohiba na cidade os circos con animais e as corridas de touros.

Segundo. Que o Concello, a través do pertinente debate cidadá, elabore un listado de actividades prohibidas na cidade por explotar animais

No hay comentarios: