O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MANTÉN UNHA XUNTANZA COA A.VV.
RAIGAME DO ENSANCHE.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA COMPARTE AS RECLAMACIÓNS VECIÑAIS RESPECTO ÁS
MELLORAS URBANÍSTICAS QUE NECESITA O BARRIO.

Na xuntanza, consistente nun percorrido por diferentes
zonas do Ensanche, os representantes da AV manifestaron que esta zona de
Santiago necesita actuacións de mantemento e reurbanización con urxencia.

Tamén compartimos a necesidade de reurbanizar as escaleiras que unen a r/ Nova
de Abaixo con Rosalía de Castro e que presentan un lamentable estado de sucidade
e abandono pese ao gran transito diario de persoas que as utilizan.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela esiximos, ao igual que dende fai tempo o pide a A.VV: Raigame, un
plan de actuación na Praza de Vigo que acometa as obras necesarias de mellora
que este espazo público necesita.
Outra actuación necesaria e moi urxente para o
Ensanche é o arranxo de estradas e beirarrúas, cuxo lamentable estado supón, en
moitos casos, un grave risco para a seguridade das veciñas e veciños.

Por último, entre as moitas propostas feitas polos
representantes da A.VV: Raigame, dende o Consello Comarcal de EU Compostela
queremos destacar a necesidade de instalar unha marquesiña na parada nº 694
situada na r/ do Hórreo, xusto antes do Ambulatorio, e que é moi utilizada, por
exemplo, por pacientes crónicos de tratamento diario ou dependentes e
acompañantes que se ven na obriga de padecer as inclemencias do tempo nunha
parada sen ningún abrigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario