domingo, 27 de mayo de 2007

AS CONTAS CLARAS

O primeiro que cómpre facermos será esixir que os 3 partidos que contaron co beneplácito exclusivo de medios de comunicación e outros aparellos mediáticos expoñan de forma pública e transparente as contas de gastos do período electoral.

Fronte a unha campaña de signo austero como foi a nosa, ollamos como se facía un espectacular desbaldimento de diñeiro -que non deixa de ser público-. É importante sabermos en que se gastou, polo tanto, dito diñeiro.

A campaña dos medios foi sinceiramente escurecedora. Algo houbo, pero pouquísimo en proporción coa política "institucionalista" dos medios. Mesmo as enquisas eran "escurecedoras", isto é, silenciaban que Esquerda Unida se presentaba a estas eleccións.

Todo preparado para perpetuar un sistema de partidos que vira perigosamente cara ao bipartidismo: un PSdG/BNG (socialdemocracia pura e dura, con privatización de servizos públicos, retórica de enmascaramento, mesma política clientelar (cambio de clientes nada máis: agora SOGASERSO é de capital bancario....ah! pero é galego, coma se non fose o capital puro e duro), máis postos de libre designación na Xunta, menos oferta de emprego público, máis asistencias técnicas, menos estabilidade laboral na canle pública galega, etc.) fronte a un PP ancorado nunha imposibilidade real de facer oposición....porque no fondo a política económica é a mesma e como o social e medioambiental nunca foi para eles -honestamente- unha preocupación...así vai a cousa.

Reducir o pluralismo democrático a estas dúas opcións (socialdemocracia fronte a dereita tradicional) representa un verdadeiro perigo para a democracia.

Os efectos mediáticos son poderosísimos: só puidemos limitar seus afectos coas nosas escasas forzas de presenza: era a visibilidade da existencia. O que non sae nos medios non existe, claro está. O pensamento constrúese con este dirixismo reducionista. Por iso, podemos estar contentos -previo a saber calquera tipo de numeroloxía-: por percorrer a pé, coa megafonía, as parroquias do rural, por repartir en man os dípticos: non cunha presenza mercantilizada (empresas de relacións públicas, ou outras), senón directamente co candidato entregando en man o díptico; contentos por falarmos cos veciños e veciñas. Ese trato directo foi a millor maneira de rachar o escurecemento informativo. Tamén a mellor maneira de limitar por un tempo existencial a alienación da clase traballadora. A reflexión, a charla, o debate non con promesas, senón con propostas que se resumen en "programa, programa, programa".

Agardemos a esta noite...

1 comentario:

Anónimo dijo...

E as vosas?